viernes, 20 de diciembre de 2013

Visita dos Reis Magos

As suas Altezas Reais Os Reis Magos de Oriente van xa camiño do Bouza Brey a visitar os nosos cativos. Seguro que disfrutan moito....

martes, 12 de noviembre de 2013

Campaña de recollida de xoguetes usados

Como xa fixemos o curso pasado, pedimos de novo a vosa colaboración para que os nenos e nenas máis desfavorecidos non queden este nadal sen xoguetes.

Podedes facer a vosa aportación ata o vindeiro 14 DE DECEMBRO no colexio.

Moitas gracias pola vosa axuda.

Para calquera dúbida ou suxestión estamos coma sempre a vosa disposición.

domingo, 10 de noviembre de 2013

Loteria de Nadal

Aínda que últimamente temos un pouco olvidado este medio de comunicarnos con vos, seguimos traballando dende o anpa polos nosos fillos e fillas.

Como xa e costume, no ANPA, temos a venda lotería de nadal a ver se somos quen de repartir unhos euriños. Xogamos ao número:

47.952

 
As papeletas teñen un precio de 3 euros, dos cales 2,50 son de lotería do nadal, e cos outros 0,50 euros, entrades no sorteo de un chándal para a participación que coincida cos 3 últimos números do sorteo do nadal do 22 de decembro. O chándal´cedido por Deportes Gónzalez en Porriño, a escoller talla de adulto ou de neno.
 

Non vos quededes sen a vosa participación de lotería....

jueves, 3 de octubre de 2013

ELECCIÓNS Á RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DO ANPA

ELECCIÓNS Á RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DO ANPA

·      Semana do Lúns 14 ao Venres 18 de Outubro: Presentación das candidaturas.

·      Lúns 21 de Outubro: Votacións.
Horario Mesa Electoral:
8:30 a 9:30
13:30 a 14:30
17:00 a 19:00
(19:30h reconto dos votos)

·      Mércores 23 de Outubro: Presentación da Nova Xunta Directiva.

lunes, 30 de septiembre de 2013

Asamblea de socios

Estimad@s soci@s:

Precisamos á vosa asistencia á Asemblea de Soci@s que está programada para o vindeiro
Lúns 30 de Septembro ás 20:00h en 1ª convocatoria e ás 20:30hv en 2ª convocatoria.
Orde do Día:
- Estado de Contas.
- Cuota soci@s.
- Orzamento para o ano académico 2013/14.
- Convocatoria de Eleccións.
- Estado dos proxectos en curso.
- Programación anual
- Dúbidas e suxestións.
A Xunta Directiva do Anpa.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Taller de Manualidades do ANPA (mércores de 17:00 a 18:30)


Circular Informativa

Un curso máis arrancamos na nosa andadura coa mesma ilusión e as mesmas enerxías e coma sempre contando coa vosa colaboración e iniciativa.

Poñémonos en contacto con tod@s vós para mantervos informad@s dunha serie de datas importantes:

- Convocatoria de Asemblea Xeral de Soci@s do ANPA: Lúns 30 de Setembro ás 20:00h na aula de audiovisuais do centro. A orde do día estará exposta no noso taboeiro. A asistencia é de vital importancia.

- Aberto o Prazo de Renovación de Soci@s: dende o Martes 1 de Outubro podedes facer efectiva a vosa renovación como soci@s do ANPA. Lembrade traer convosco o carné de socio para actualizalo.

- Renovación de Xunta Directiva do ANPA: ó longo do mes de outubro procederase á convocatoria de eleccións. Estaredes informados con exactitude de todo o procedemento.


IMPORTANTE: TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE AÍNDA NON SEXADES SOCIAS DO ANPA, NON DUBIDEDES EN POÑERVOS EN CONTACTO CON NÓS, XA SEXA NO HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS E PAIS, NO GMAIL OU NO BLOG*. ESTAREMOS ENCANTAD@S DE RECIVIRVOS E INFORMARVOS DA NOSA LABOR E DOS NOSOS OBXECTIVOS. LEMBRADE QUE SEN TOD@S, ISTO NON MARCHA.

HORARIO ATENCIÓN DE ANPA: LÚNS DE 16:00H A 18:00H NO COMEDOR DO CENTRO

GMAIL: anpacolexiobouzabrey@gmail.com
BLOG: bouzabreyanpa.blogspot.com
TELÉFONO: será facilitado en breve.

lunes, 16 de septiembre de 2013

Retomamos o curso, o blog e a actividade do ANPA

Comenzamos o novo curso, despois do parón do verán, con moitas ganas de traballar por e para os nosos nenos.
Haberá novidades, entre elas un cambio de ubicación do anpa no servicio de atención a pais e nais:
HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS E PAIS
LÚNS DE 16:00H A 18:00H NO COMEDOR DO COLEXIO
CONTACTOS:
www.bouzabreyanpa.blogspot.com
anpacolexiobouzabrey@gmail.com

jueves, 27 de junio de 2013

Recordatorio servicio de prestamo de libros

Hola a tod@s:

Os nenos xa están de vacacións, pero a nosa actividade non cesa, queremos animarvos a levar os libros que xa nos usaran os nenos o próximo curso o local do anpa, para que así os poidan aproveitar outros nenos, co aforro que eso supón e que tan ben nos ven a tod@s nesta época.

Ainda que este ano vos non poidades recoller libros do voso curso, porque cambian, pensade que outro ano seredes vos os que poidades aproveitar esta oportunidade.

SE TEDES LIBROS DE TEXTO OU DE LECTURA DOS SEGUINTES CURSOS, PODEDES ACHEGALOS Ó ANPA, SEMPRE QUE ESTEAN EN BÓ ESTADO.
3º ED. PRIMARIA
4º ED. PRIMARIA
1º E.S.O.
2º E.S.O.
3º E.S.O.
4º E.S.O.


Informámosvos de que estaremos á vosa disposición no horario de 11:00 a 12:30, nas seguintes datas:
XUÑO
MARTES 25
XOVES 27



XULLO
LÚNS 01
XOVES 04



SETEMBRO
LÚNS 02
LÚNS 09

En caso de non poder pasar neste horario, sempre os podedes deixar no colexio, indicando que os entreguen no anpa, ou porvos en contacto con calquera dos representantes do anpa, ou a traves do correo electrónico e tamén deste blog, e seguro que podemos buscar unha opción para recoller os libros usados.

Saudos a todos e a disfrutar do verán....

martes, 18 de junio de 2013

Horario especial ANPA: Xuño, Xulio e Septembro

Informámosvos de que estaremos á vosa disposición no horario de 11:00 a 12:30, nas seguintes datas:

XUÑO
MARTES 25
XOVES 27



XULLO
LÚNS 01
XOVES 04



SETEMBRO
LÚNS 02
LÚNS 09

 
Podedes achegarvos a facer uso dos seguintes servicios:
- Préstamo de libros e Banco de uniformes.
- Inscripción nas actividades extra-escolares ou facer novas propostas,
- Atención e/ou asesoramento.

jueves, 13 de junio de 2013

Ruta de Sendeirismo

Benqueridas familias:
Desde o ANPA achegámosvos a seguinte proposta desexando que sexa do voso interese.
O vindeiro 29 de Xuño temos programada a Ruta de Sendeirismo do Río Eifonso na que pretendemos disfrutar cos nosos peques dunha xornada en contacto coa natureza.
Cada familia achegarase pola súa conta o Sábado 29 de Xuño ás 10:00 horas ó Centro Cultural de Bembrive para comezar ás 10:30 a nosa ruta. Lembrade vir con roupa e calzado axeitado, gorras e protección solar e coa comida e bebida cada quen na súa mochila para pasar o día.

Programación da Ruta:
10:30h:       Aparcadoiro de vehículos e comezo da ruta.
12:00h:       Chegada aproximada á Aldea Da Fraga: xantar e esparcemento.
18:00h:       Recorrido de volta.

Todas as familias estades convidadas a participar, sexades ou non socias.

IMPORTANTE: para unha mellor organización da saída, agradecémosvos que confirmedes a vosa asistencia, xa sexa por medio do mail ou do blog do ANPA, no horario de atención a nais e pais (lúns de 16:00h a 18:00h) ou persoalmente a calquera dos representantes da xunta.

Para calquera dúbida ou suxestión estamos como sempre á vosa disposición.

Poñemosvos un pouco en antecedentes sobre o que nos imos encontrar nesta ruta, aseguramosvos que merece a pena:

O río Eifonso, afluente do río Lagares,  nace no Monte das Lagoas, a 450 m. As suas primeiras augas emerxen moi cerquiña do Campus Universitario de Vigo.  Abrese camiño entre o val e pasa os pes da Capela de San Cibrao (a orixe da capela, remontase anos atrás, perdéndose na Idade Media, habendo constancia escrita en documentos dos anos 1528 e 1529).

A ruta do rio Eifonso e de unhos 3 o 4 kilómetros a partir do lugar de Mourelle ata a Fraga, ruinas dun poboado medieval situadas na parte alta do camiño. Varios muiños de agua como o de Sorego ou o de Pedrosa. O  lugar máis espectacular de toda a ruta atopase na Fervenza da Bouza Fría, un salto de auga de casi 4 metros de altura, rodeado dunha exhuberante vexetación xa que o percorrido atravesa por un bosque atlántico, con toda clase de arboeres autoctonas, moitos castiñeiros, carballos, e variedades de fentos.

Comenzaremos o percorrido no cruce do rio e a carretera de Bembrive, concretamente en Mourelle.  A ruta está completamente sinalizada e conta con información  sobre a flora e a fauna do lugar.

A andaina levanos a pasar por pontes de pedra, muiños e cascadas, e condúcenos ata os pes da capela de San Cibrao onde se celebra tódolos anos donde os a Romería dos Ramallos o terceiro domingo de septembro. Máis adiante chegaremos os restos de la misteriosa Aldea da Fraga, onde finalizaremos o percorrido.

miércoles, 12 de junio de 2013

SERVICIO PRÉSTAMO DE LIBROS

SE TEDES LIBROS DE TEXTO OU DE LECTURA DOS SEGUINTES CURSOS, PODEDES ACHEGALOS Ó ANPA, SEMPRE QUE ESTEAN EN BÓ ESTADO.
3º ED. PRIMARIA
4º ED. PRIMARIA
1º E.S.O.
2º E.S.O.
3º E.S.O.
4º E.S.O.
DO MESMO XEITO, SE PRECISADES PARA AS/OS VOSAS/OS FILLAS/OS LIBROS DE TEXTO OU DE LECTURA DOS CURSOS SINALADOS PODEDES SOLICITALOS NO ANPA.
IMPORTANTE: TERÁN PREFERENCIA PARA SOLICITAR O PRÉSTAMO DE LIBROS AQUELAS/ES ALUMNAS/OS QUE ENTREGUEN OS SEUS (SEMPRE QUE SEXAN DOS CURSOS SINALADOS). O SERVICIO DE ENTREGA E RECOLLIDA FARASE NO HORARIO DE ANPA EXCLUSIVAMENTE (LÚNS DE 16:00 A 18:00 HORAS).


COMO SEMPRE, PARA CALQUERA DÚBIDA OU SUXESTIÓN ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN.

UN SAÚDO. A XUNTA DIRECTIVA DO ANPA.

lunes, 10 de junio de 2013

Avisos Actividades ANPA curso 2013-2014

Estamos a fin de curso, e acumulase o traballo, por eso tedes que perdoar a escasez de actualizacións. Temos pendiente publicar un resumen da festa da familia, pero eso será en breve, agora os avisos das actividades extraescolares propostas polo ANPA para o vindeiro curso 2013-2014.

----------------------------------------------------------------------------------


Estimadas-os nais e pais: as-os que esteades interesadas-os en solicitar praza para as-os vosas-os nenas-os, debedes entregar o seguinte resgardo no ANPA ou na secretaría do centro antes do 17 de Xuño
. Esperamos que sexa do voso interese. De todos os xeitos sempre estamos abertos a que nos fagades chegar calquera outra proposta, sempre que non coincidan con actividades que xa ofertan desde a escola.


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO ANPA



TALLER DE MANUALIDADES
(PAULA)
ED.INFANTIL /1ºCICLO DE PRIMARIA MÉRCORES, 17:00H.-18:30H.
Importe: 15€ socio/20€ non socio.

ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE VIGO: PODEDES INFORMARVOS NO HORARIO DE ANPA(LÚNS DE 16:00 A 18:00H.)

As actividades serán impartidas dende o 1 de outubro
. O prazo máximo para o pago da 1ª cuota correspondente é o lúns 30 de Setembro. Nos meses seguintes farase efectivo o pago antes do día 10 de cada mes.
Eu, …………………………………………………………………………………………………………. fago a inscripción do-s alumno-s nas actividades: ALUMNA-O/CURSO
ACTIVIDADE
O ingreso das cuotas farase a través de: Ingreso en conta : 2100-5832-56-0100087901 (La Caixa).
Pago ó contado no ANPA
Propostas de actividades:-------------------------------------------------------------------------------------------- ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Firmado:-----------------------------------------------

----------------------------------------------------------------------------------

Estimad@s nais e pais: os que esteades interesad@s en matricular para o vindeiro curso ao vos@ fill@ na actividade extra-escolar de natación
que ofertamos, debedes cubrir a seguinte pre-inscrición e entregala na secretaría do centro ou no horario de ANPA (lúns de 16:00 a 18:00) antes do 17 de Xuño. Debedes ter en conta que contamos coas prazas limitadas, polo que se matricularán por orde de entrega.



PISCINA MUNICIPAL DE TEIS

LÚNS 16:45H.
33€socio/35€non socio x Cuatrimestre
20 prazas
MÉRCORES 16:45H
33€socio/35€non socio x Cuatrimestre
20 prazas
LÚNS E MÉRCORES 16:45H
63€socio/65€non socio x Cuatrimestre

PISCINA "MQA" BARREIRO

LÚNS 16:30H.
45€socio/47€non socio x Cuatrimestre
20 prazas
MARTES 16:30H.
45€socio/47€non socio x Cuatrimestre
10 prazas
XOVES 16:30H.
45€socio/47€non socio x Cuatrimestre

(Recortar pola liña e entregar)
Eu,……………………………………………………………. nai-pai d@s alumn@s,
- ………………………………………….curso………………sabe nadar………..
- ………………………………………….curso………………sabe nadar………..
- ………………………………………….curso………………sabe nadar………..
Fago a pre-inscrición na seguinte instalación e no horario marcado:

PISCINA:

DÍA/HORA:
IMPORTANTE: a cuota do 1º cuatrimestre farase efectiva antes do 23 de Setembro de 2013 e a 2ª cuota antes do 27 de Xaneiro de 2014. Tedes a opción de achegar o importe no horario de ANPA ou no seguinte nº de conta entregando no ANPA o resgardo de ingreso.

Pago en efectivo no ANPA
Ingreso en conta: 2100-5832-56-0100087901 (La Caixa)


(Marcar cun X a opción elexida)
Un saúdo.

 A Xunta Directiva do ANPA

miércoles, 29 de mayo de 2013

Teatro na AAVV Agarimo San Xoan Poulo. Entrada gratuita

Unha vez máis os amigos da AAVV Agarimo de San Xoan Poulo, envianos información sobre outra interesante actividade.
Esta vez preséntannos a obra de teatro "SERVICIO DE URXENCIAS", representada polo grupo TOLEMIA. Unha divertidisima comedia de Suso De Toro, adaptada por Ana Belen Moreda.
 A representación terá lugar na Asociacion Agarimo San Xoan Poulo, o vindeiro sábado 1 de Xuño as 18:00.
 A entrada e libre e gratuita, estamos todos invitados, animámosvos a ir a pasar unha tarde divertida.

martes, 28 de mayo de 2013

Charla do Dr Sanchez Lastres


O pasado xoves, tivemos o pracer de contar ca presencia do Dr. J. Manuel Sanchez Lastres, pediatra do centro de saude de Chapela, e presidente da Sociedade Galega de Pediatría, dentro do ciclo de charlas que se organizaron na escola de páis. Desafortunadamente a asistencia foi moi baixa, por mais que a charla resultou do mais interesante.

Os país presentes podemos plantexar todo tipo de dubidas respecto a saude dos nosos fillos. Entre outros temas falouse de pubertade, problemas de crecemento, intolerancias e alerxias alimentarias,….

Dende o ANPA agradecer o Dr. Sanchez Lastres o tempo que nos adicou (máis de duas horas) e a sua disposición e amabilidade frente todo o que lle plantexamos.
Animamosvos a acudir a escola de páis, ou a suxerir temas que vos poidan resultar interesantes a tratar neste marco; coma sempre traballamos a prol dos nosos fillos.

jueves, 16 de mayo de 2013

Sorteo da tablet

Onte tal e como estaba previsto as 19:00 horas realizouse o sorteo da tablet na presenza de todos os que quixeron asistir. A mau inocente que sacou o número premiado foi un rapaz da ESO que veu comprobar se lle tocara o premio, pena que non tivo sorte.


E o número premiado foi.......
 

0413

O afortunado dispon de tres meses para recoller o seu premio.
 
 
 


miércoles, 15 de mayo de 2013

ESCOLA DE PAIS: Charla coloquio Dr. Juan M. Sánchez Lastres

O vindeiro 23 de maio, xoves, as 19:00 na aula de audiovisuais do colexio, temos o pracer de contar de novo co Dr. Juan Manuel Sánchez Lastres para unha charla coloquio na escola de páis.
O debate aberto plantexase sobre os seguintes puntos:
- Resolver dúbidas sobre a nutrición ou procesos víricos comúns en cada etapa.
- Manter un debate aberto en torno ás principais preocupacións no desenvolvemento integral dos nosos fillos.

O Dr. Sanchez Lastres e Pediatra no centro de saude de Teis, e e o presidente da Sociedade Galega de pediatría, participa en moitos simposiums e ponencias e por se esto fora pouco, e una persoa moi cercana e agradable.
Animamosvos a participar, o ano pasado xa nos veu dar outra charla, e aseguramosvos que merece a pena, falounos de temas xerais relacionados coa saude na infancia, e tamén de todos os casos particulares que lle plantexamos.

PREGÁMOSVOS IMPRIMADES E ENTREGUEDES EN
SECRETARÍA OU NO ANPA O XUSTIFICANTE DE ASISTENCIA PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN.


Eu, …………………………………………………………………...nai,
pai ou mestra-e asistirei á charla-coloquio do “Mesa-debate: Dr. Lastres”
o vindeiro XOVES 23 de MAIO ás 19:00 horas na aula de audiovisuais
do centro.

Fdo:……………………………..


martes, 14 de mayo de 2013

APRAZAMENTO FESTA DA FAMILIA BOUZA BREY (NON O SORTEO DA TABLET)

AVISO IMPORTANTE:
Por causas metereolóxicas (as previsións anuncian frio e choiva) aprazase a festa convocada para o día da familia, prevista para o mercores 15 de maio, para o venres 31 de Maio.
Sen embargo, tal e como estaba previsto, o sorteo da tablet realizarase o mercores 15 de maio as 19:00 no colexio.
Dende aquí queremos agradecer a todos por o bo acollemento que tivo a iniciativa das rifas, xa que fostes moitos os que comprastes, e incluso moitos voluntarios para vendelas. Agora solo toca agardar ter sorte e que nos toque a tablet.

martes, 7 de mayo de 2013

Festa do día da Familia Bouza Brey


Como xa sabedes na festa da familia vai a haber diferentes iniciativas para seguir recadando fondos para o proxecto da cuberta de infantil:
-         Venda de racións dos alimentos presentados a concurso a 50 ctms.
-         Mercadillo de manualidades feitas pola mestra Paula do taller de manualidades do ANPA.  Prezos dos 3 a os 8 euros dependendo do obxeto.

-         Rastrillo de libros: a 20 ctms a unidades.

-         Maquillaxe de caras: a 20 ctms por neno.
Este custo, e para polo menos, axudar a pagar a maquillaxe que usan as duas nais voluntarias e que ata o de agora sempre puxeron elas. Aclarar que son maquillaxes profesionais, hipoalerxenicos e que as duas maquilladoras voluntarias son profesionais da maquillaxe.

-         Cantina: con venta de refrescos, xeados, chuches, etc, etc….

miércoles, 24 de abril de 2013

DIA DA FAMILIA BOUZA BREY

Circular conxunta Colexio-ANPA Bouza Brey.

Poñémonos en contacto con vós para informarvos que o vindeiro 15 de maio (Día internacional da Familia) imos celebrar no colexio o Día da Familia Bouza Brey.
Comezaremos pola mañá, a partir das 12:00, coa visita dos avós ao cole para contarlles contos ós nenos de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria, que contarán ademáis coa visita das súas mascotas preferidas. O segundo e terceiro ciclo de primaria poderán recibir a visita dos pais ou nais para falarlles aos rapaces da súa profesión. Ás 14:00 entregaranse os agasallos do día da Familia.
Os familiares interesados en participar con nós neste día nos contacontos ou no relato sobre as súas profesións deben pórse en contacto cos titores de infantil e primaria a través da axenda ou falando con eles persoalmente.
Pola tarde, ás 17:00 comenzaremos o festival contando coa colaboración do ANPA. Contaremos coas actuacións de infantil, e de primeiro e segundo de primaria, kárate, patinaxe e futbol. Realizaremos una exposición do obradoiro de manualidades da mestra Paula, un taller de maquillaxe, un rastrillo de libros e un concurso gastronómico (podedes anotarvos no blog ou no e-mail do anpa, anpacolexiobouzabrey@gmail.com ou www.bouzabreyanpa.blogspot.com).  Na cantina do ANPA venderanse os postres e comidas por racións a 50 céntimos para axuda das actividades que realiza o Anpa relacionadas con Noso colexio.
Remataremos cunha gran festa e o sorteo da tablet.
Os pais/nais que queirades colaborar no Rastrillo de libros deberedes entregalos en secretaría ou no ANPA antes do luns 13 de maio ás 18:00.

Contamos con todos vós neste día tan especial.

martes, 23 de abril de 2013

Festa infantil na A.A.V.V. Agarimo San Xoan Poulo

Os amigos da Asociación de veciños de San Xoan Poulo fannos chegar esta información sobre a festa infantil que organizan o próximo 27 de abril.

Estamos todos invitados, animádevos a asistir.....

sábado, 13 de abril de 2013

Resumen da xuntanza de pais e nais

O pasado xoves día 11 de abril, tivemos una xuntanza na AAVV de San Xoan na que presentamos o proxecto da cuberta da zona de infantil que vai ser posto en marcha polo anpa, a postura o respecto da coperativa do colexio, así como as inciciativas para recaudar fondos para o mesmo. Con desilusión temos que decir que a asistencia non foi tan abondante como nos houbera gustado, pero para todos os que non estivestes alí, imos facer un resumen.
Pedironse varios presupostos para facer dita cuberta, de momento o mellor presuposto, presentounolo o pai dun neno do colexio, que colabora presentando un presuposto de obra no que solamente incluiria o gasto de materiais, a man de obra corre da sua conta. De todas formas, aparte do custo en si do proxecto, hay que ter en conta o gasto de licenza urbanística, proxecto,….., que encarece moito o custo final.
A intención e que cada un aportemos un pouco para entre todos poder facer moito
Por iso se vai a realizar una venta de rifas para intentar recaudar para o proxecto. Animamosvos a todos a participar tanto na venta das mesmas como comprando o maior número delas posibles. É polo ben dos nosos pequenos.
Como xa sabedes o colexio este ano decidiu non celebrar o dia do pai nin o dia da nai, no seu lugar, aproveitando que o 15 de maio e o dia internacional da familia, vai realizar una festa para conmemorar esa data. Dende o ANPA imos colaborar en dita festa tanto con animación como con una cantina, que servirá tamén para recadar fondos para o proxecto.
Non foi fácil conseguir levar adiante a iniciativa de cubrir a entrada de infantil, e como é algo que moitos páis viñades reclamando dende hai tempo, solicitamos a máxima colaboración posible para que se poida realizar con éxito. Será un éxito para todos, pero sobre todo para os nosos fillos.
Estas son as rifas coas que vos animamos a participar:
A proxecto que presentamos na xuntanza de onte e o seguinte:
Cubierta para Zona de Infantil.
Estructura de aluminio de lacado blanco en medidas solicitadas por el cliente.
Consta de:
 Estructura de aluminio lacado en blanco.
 Fijaciones a muro trasdosado por espiros o taco químico (en 6 puntos minimo)
 Tornillería sellante, accesorios para la fijación de paneles de metacrilato.
 Cubierta fija transparente de metacrilato instalada y sellada.
 Laterales de estructura fija en aluminio y metacrilato.
 Apoyos de cubierta alzada sobre la actual barandilla (pendiente de reforma)


jueves, 11 de abril de 2013

RECORDATORIO

Recordarvos a importancia da vosa asistencia a reunión que se levara a cabo hoxe xoves 11 de abril as 20:30 na Asociación de Veciños de San Xoan Poulo, tanto se sodes socios do ANPA como se non, xa que os temas que se van a tratar son moi importantes.
Agradecemos a vosa colaboración.
Saudos.

sábado, 6 de abril de 2013

IMPORTANTE: Reunión xoves 11 abril na AAVV de San Xoan as 20:30

Estimadas-os nais, pais:dende o ANPA solicitamos encarecidamente a vosa asistencia á reunión que temos convocada para o vindeiro xoves 11 de abril na A.A.V.V. de San Xoán as 20:30h.

O obxectivo da mesma é o de informar dun proxecto que ímos levar a cabo atendendo as demandas e suxestións de moitas-os de vós.

Asunto: Proxecto de mellora e acondicionamento da entrada na zona de infantil e na área de xogo.

Considerando a importancia do asunto pregámosvos que valoredes a relevancia da vosa asistencia.
Como sempre, moitas gracias pola vosa colaboración. Para calquera dúbida ou suxestión sempre estamos a vosa disposición.

Un saúdo. A Xunta Directiva do ANPA.

viernes, 5 de abril de 2013

Acondicionamento entrada e zona de xogos de infantil

Dentro do servicio que ofrecemos de atención a nais e pais, estamos na obriga de levar a cabo as demandas que se fan. A maioría das vosas suxestións, van encamiñadas a mellorar a entrada de infantil e o parque exterior de xogos. Sodes moitos os que nos fixechedes chegar as vosas suxerencias para cubrir a entrada e ter ós peques o resgardo en días de choiva ou vento ou acondicionar con materiais homologados a zona exterior de xogo. En atención a estas demandas propoñemos ó cole a iniciativa de recaudar fondos a través da venta de rifas, da cantina ou das festas programadas durante o curso.

Nunha reunión mantida onte 4 de abril con parte do equipo directivo e do consello rector do centro, dásenos a coñecer a postura definitiva da cooperativa: permítesenos levar a cabo a iniciativa da venta de rifas para recaudar fondos para o acondicionamento da entrada e zona de xogos de infantil que será financiado polo ANPA.


De todos os xeitos, quedamos pendentes de confirmar unha reunión de todos os pais do centro para dar a información máis detallada, amosar o proxecto que o ANPA vai poñer en marcha e pedir a colaboración de todos na realización do mesmo.    

martes, 2 de abril de 2013

O traballo do ANPA

O actual ANPA do colexio Bouza Brey, foi posto en marcha o pasado curso 2011-2012 xa que o noso colexio non contaba con esta asociación dende hai alguns anos. Dentro do traballo que se leva desenrolando desde entón, foron varias as iniciativas que se puxeron en marcha:

- Banco de uniformes: O anpa recolle uniformes usados en bo estado de conservación, e quen os necesite pode coller pezas soltas a un prezo simbólico.

- Banco de libros: O anpa recolle libros de texto dende 3º de primaria en adiante, e quen os necesite pode canxear os seus polos do curso que necesite (empezara a funcionar para o vindeiro curso).

 - Escola de país e nais: Distintos talleres e charlas que se imparten por persoal experto na materia sobre temas variados e interesantes en relación a nosa labor como país e nais.
Por exemplo: Primeiros auxilios na infancia, PNL no aula, Hiperactividade e déficit de atención, etc…

 - Actividades extraescolares: Neste curso ofertaronse distintas actividades extraescolares dende o ANPA, das cales só tiveron a suficiente demanda para impartirse os talleres de manualidades e as clases de natación a través do Máis que auga de Barreiro. Para o vindeiro curso intentarase ampliar a oferta, e agradecense suxerencias sobre actividades que vos resultarían interesantes.

 - Actividades lúdicas: Neste apartado organizaronse diversas festas para que os nenos e os pais disfrutemos xuntos:

Festa de Nadal No Verbum en colaboración coa federación de peñas do Real Club Celta de Vigo.

Magosto Con degustación de castañas asadas e coa colaboración da AAVV San Xoan Poulo.

Festa do entroido Con concurso de disfraces e doces típicos do entroido.

Festa de fin de curso.

Excursión en barco pola zona do Grove.

- Seguridade vial: Remitironse varios escritos o concello para mellorar a seguridade na zona e plantexouse a posibilidade de habilitar una zona de aparcamento nun terreo cercano propiedade do concello. Seguimos insistindo neste apartado, pero ainda non obtivemos resposta.

Así mesmo plantexáronselle o colexio varias opción para mellorar a seguridade na entrada e salida dos nenos, a elexida polo centro e que se comprometeron acometer en breve, foi a de pintar a zona de parking cun paso para peóns.

Hay outras iniciativas que se están tentando por en marcha e sobre as que vos ofreceremos máis informacion esta mesma semana.
 
E coma sempre, estamos a vosa disposición para recoller máis ideas sobre posibles iniciativas que consideredes interesantes.