miércoles, 29 de mayo de 2013

Teatro na AAVV Agarimo San Xoan Poulo. Entrada gratuita

Unha vez máis os amigos da AAVV Agarimo de San Xoan Poulo, envianos información sobre outra interesante actividade.
Esta vez preséntannos a obra de teatro "SERVICIO DE URXENCIAS", representada polo grupo TOLEMIA. Unha divertidisima comedia de Suso De Toro, adaptada por Ana Belen Moreda.
 A representación terá lugar na Asociacion Agarimo San Xoan Poulo, o vindeiro sábado 1 de Xuño as 18:00.
 A entrada e libre e gratuita, estamos todos invitados, animámosvos a ir a pasar unha tarde divertida.

martes, 28 de mayo de 2013

Charla do Dr Sanchez Lastres


O pasado xoves, tivemos o pracer de contar ca presencia do Dr. J. Manuel Sanchez Lastres, pediatra do centro de saude de Chapela, e presidente da Sociedade Galega de Pediatría, dentro do ciclo de charlas que se organizaron na escola de páis. Desafortunadamente a asistencia foi moi baixa, por mais que a charla resultou do mais interesante.

Os país presentes podemos plantexar todo tipo de dubidas respecto a saude dos nosos fillos. Entre outros temas falouse de pubertade, problemas de crecemento, intolerancias e alerxias alimentarias,….

Dende o ANPA agradecer o Dr. Sanchez Lastres o tempo que nos adicou (máis de duas horas) e a sua disposición e amabilidade frente todo o que lle plantexamos.
Animamosvos a acudir a escola de páis, ou a suxerir temas que vos poidan resultar interesantes a tratar neste marco; coma sempre traballamos a prol dos nosos fillos.

jueves, 16 de mayo de 2013

Sorteo da tablet

Onte tal e como estaba previsto as 19:00 horas realizouse o sorteo da tablet na presenza de todos os que quixeron asistir. A mau inocente que sacou o número premiado foi un rapaz da ESO que veu comprobar se lle tocara o premio, pena que non tivo sorte.


E o número premiado foi.......
 

0413

O afortunado dispon de tres meses para recoller o seu premio.
 
 
 


miércoles, 15 de mayo de 2013

ESCOLA DE PAIS: Charla coloquio Dr. Juan M. Sánchez Lastres

O vindeiro 23 de maio, xoves, as 19:00 na aula de audiovisuais do colexio, temos o pracer de contar de novo co Dr. Juan Manuel Sánchez Lastres para unha charla coloquio na escola de páis.
O debate aberto plantexase sobre os seguintes puntos:
- Resolver dúbidas sobre a nutrición ou procesos víricos comúns en cada etapa.
- Manter un debate aberto en torno ás principais preocupacións no desenvolvemento integral dos nosos fillos.

O Dr. Sanchez Lastres e Pediatra no centro de saude de Teis, e e o presidente da Sociedade Galega de pediatría, participa en moitos simposiums e ponencias e por se esto fora pouco, e una persoa moi cercana e agradable.
Animamosvos a participar, o ano pasado xa nos veu dar outra charla, e aseguramosvos que merece a pena, falounos de temas xerais relacionados coa saude na infancia, e tamén de todos os casos particulares que lle plantexamos.

PREGÁMOSVOS IMPRIMADES E ENTREGUEDES EN
SECRETARÍA OU NO ANPA O XUSTIFICANTE DE ASISTENCIA PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN.


Eu, …………………………………………………………………...nai,
pai ou mestra-e asistirei á charla-coloquio do “Mesa-debate: Dr. Lastres”
o vindeiro XOVES 23 de MAIO ás 19:00 horas na aula de audiovisuais
do centro.

Fdo:……………………………..


martes, 14 de mayo de 2013

APRAZAMENTO FESTA DA FAMILIA BOUZA BREY (NON O SORTEO DA TABLET)

AVISO IMPORTANTE:
Por causas metereolóxicas (as previsións anuncian frio e choiva) aprazase a festa convocada para o día da familia, prevista para o mercores 15 de maio, para o venres 31 de Maio.
Sen embargo, tal e como estaba previsto, o sorteo da tablet realizarase o mercores 15 de maio as 19:00 no colexio.
Dende aquí queremos agradecer a todos por o bo acollemento que tivo a iniciativa das rifas, xa que fostes moitos os que comprastes, e incluso moitos voluntarios para vendelas. Agora solo toca agardar ter sorte e que nos toque a tablet.

martes, 7 de mayo de 2013

Festa do día da Familia Bouza Brey


Como xa sabedes na festa da familia vai a haber diferentes iniciativas para seguir recadando fondos para o proxecto da cuberta de infantil:
-         Venda de racións dos alimentos presentados a concurso a 50 ctms.
-         Mercadillo de manualidades feitas pola mestra Paula do taller de manualidades do ANPA.  Prezos dos 3 a os 8 euros dependendo do obxeto.

-         Rastrillo de libros: a 20 ctms a unidades.

-         Maquillaxe de caras: a 20 ctms por neno.
Este custo, e para polo menos, axudar a pagar a maquillaxe que usan as duas nais voluntarias e que ata o de agora sempre puxeron elas. Aclarar que son maquillaxes profesionais, hipoalerxenicos e que as duas maquilladoras voluntarias son profesionais da maquillaxe.

-         Cantina: con venta de refrescos, xeados, chuches, etc, etc….