lunes, 30 de septiembre de 2013

Asamblea de socios

Estimad@s soci@s:

Precisamos á vosa asistencia á Asemblea de Soci@s que está programada para o vindeiro
Lúns 30 de Septembro ás 20:00h en 1ª convocatoria e ás 20:30hv en 2ª convocatoria.
Orde do Día:
- Estado de Contas.
- Cuota soci@s.
- Orzamento para o ano académico 2013/14.
- Convocatoria de Eleccións.
- Estado dos proxectos en curso.
- Programación anual
- Dúbidas e suxestións.
A Xunta Directiva do Anpa.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Taller de Manualidades do ANPA (mércores de 17:00 a 18:30)


Circular Informativa

Un curso máis arrancamos na nosa andadura coa mesma ilusión e as mesmas enerxías e coma sempre contando coa vosa colaboración e iniciativa.

Poñémonos en contacto con tod@s vós para mantervos informad@s dunha serie de datas importantes:

- Convocatoria de Asemblea Xeral de Soci@s do ANPA: Lúns 30 de Setembro ás 20:00h na aula de audiovisuais do centro. A orde do día estará exposta no noso taboeiro. A asistencia é de vital importancia.

- Aberto o Prazo de Renovación de Soci@s: dende o Martes 1 de Outubro podedes facer efectiva a vosa renovación como soci@s do ANPA. Lembrade traer convosco o carné de socio para actualizalo.

- Renovación de Xunta Directiva do ANPA: ó longo do mes de outubro procederase á convocatoria de eleccións. Estaredes informados con exactitude de todo o procedemento.


IMPORTANTE: TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE AÍNDA NON SEXADES SOCIAS DO ANPA, NON DUBIDEDES EN POÑERVOS EN CONTACTO CON NÓS, XA SEXA NO HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS E PAIS, NO GMAIL OU NO BLOG*. ESTAREMOS ENCANTAD@S DE RECIVIRVOS E INFORMARVOS DA NOSA LABOR E DOS NOSOS OBXECTIVOS. LEMBRADE QUE SEN TOD@S, ISTO NON MARCHA.

HORARIO ATENCIÓN DE ANPA: LÚNS DE 16:00H A 18:00H NO COMEDOR DO CENTRO

GMAIL: anpacolexiobouzabrey@gmail.com
BLOG: bouzabreyanpa.blogspot.com
TELÉFONO: será facilitado en breve.

lunes, 16 de septiembre de 2013

Retomamos o curso, o blog e a actividade do ANPA

Comenzamos o novo curso, despois do parón do verán, con moitas ganas de traballar por e para os nosos nenos.
Haberá novidades, entre elas un cambio de ubicación do anpa no servicio de atención a pais e nais:
HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS E PAIS
LÚNS DE 16:00H A 18:00H NO COMEDOR DO COLEXIO
CONTACTOS:
www.bouzabreyanpa.blogspot.com
anpacolexiobouzabrey@gmail.com