Hola a tod@s:
Unha vez máis o ANPA tivo a oportunidade de organizar outra charla dentro da Escola de Nais e Pais que levamos a cabo. Nesta ocasión tivemos o pracer de contar coa colaboración da nosa xa amiga Paula Muñoz, terapeuta e educadora en Intelixencia Emocional.
Baixo o seu discurso cercano e ameno, deunos a coñecer aos alí presentes as pautas para detectar un acoso escolar e a importancia da educación da intelixencia emocional nas vidas dos nosos nenos.
Resaltou en todo momento que este é un traballo de todos, en equipo, para conseguir que o noso fillo ou filla se desenvolva, non só a nivel escolar senón tamén como persoa.
Abordando o tema do acoso, deunos que pensar a través dun video no que se resume nunha canción toda a problemática do bullyng na escola.
No relativo a Intelixencia Emocional, remarcou o traballo cos nenos á hora de adquirir un dominio sobre as súas emocións, o seu autocontrol e mellorar a súa autoestima.
Sen dúbida, abriunos os ollos a unha realidade que está presente na rutina escolar con frecuencia, pero tamén deunos a coñecer as pautas para resolver esta e outras problemáticas coas que, de seguro, atopámonos tod@s como nais, pais ou profes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario