jueves, 4 de diciembre de 2014

Este ano non podedes faltar,.....


miércoles, 26 de noviembre de 2014

Como todo-los anos nestas datas, pomos en marcha unha campaña de recollida de xoguetes para por o noso gran de area para que ningun cativo se quede sen regalo estas festas.

Agardamos a vosa colaboración.



martes, 21 de octubre de 2014

Loteria de Nadal

Xa podedes adquirir como todolos anos a loteria de nadal do anpa. Non vos quededes sen ela... a ver se repartimos sorte.

viernes, 2 de mayo de 2014

Festa de entroido

Ainda que con bastante retraso...mostramosvos imaxes dos gañadores mais novos do concurso de disfraces da festa de entroido organizada polo ANPA do Colexio Bouza Brey

jueves, 20 de febrero de 2014

Entroido 2014

Benqueridas familias:

vos informamos que o vindeiro Venres 28 de Febreiro temos organizada a Festa de Entroido do ANPA no colexio de 17:00h a 20:00h.

 

Programación:

-          Concurso de disfraces para nen@s: teremos un gañador por ciclo que recibirá un agasallo.

-          Concurso de doces típicos de Entroido para os maiores: podedes participar coas vosas receitas de filloas, orellas, rosquillas, flores,… e teredes a oportunidade de gañar un exclusivo bono-masaxe ou complementos cedidos pola tienda Duende (PARA PARTICIPAR DEBEDES ANOTARVOS NO ANPA)

-          Merendola para nen@s e chocolate ou café quente para as familias. (A PARTIR DA SEGUNDA CONSUMICIÓN, TODAS AS BEBIDAS A 0’50€)

-          Actuación Sorpresa: Animadora e Contacontos “Voltereta de Refugallo”.

IMPORTANTE :

-          As familias socias do ANPA: presentar o carné de socio na entrada.

-          As familias non socias: terán que abonar 3€ por unidade familiar na entrada.

 

viernes, 31 de enero de 2014

Video da Pequeteca sobre acoso escolar

https://www.youtube.com/watch?v=sEjbyOPh6v4&feature=youtube_gdata_player

lunes, 27 de enero de 2014

¿Meu neno e feliz no cole? O bullyng e a educacion en intelixencia emocional

Hola a tod@s:
Unha vez máis o ANPA tivo a oportunidade de organizar outra charla dentro da Escola de Nais e Pais que levamos a cabo. Nesta ocasión tivemos o pracer de contar coa colaboración da nosa xa amiga Paula Muñoz, terapeuta e educadora en Intelixencia Emocional.
Baixo o seu discurso cercano e ameno, deunos a coñecer aos alí presentes as pautas para detectar un acoso escolar e a importancia da educación da intelixencia emocional nas vidas dos nosos nenos.
Resaltou en todo momento que este é un traballo de todos, en equipo, para conseguir que o noso fillo ou filla se desenvolva, non só a nivel escolar senón tamén como persoa.
Abordando o tema do acoso, deunos que pensar a través dun video no que se resume nunha canción toda a problemática do bullyng na escola.
No relativo a Intelixencia Emocional, remarcou o traballo cos nenos á hora de adquirir un dominio sobre as súas emocións, o seu autocontrol e mellorar a súa autoestima.
Sen dúbida, abriunos os ollos a unha realidade que está presente na rutina escolar con frecuencia, pero tamén deunos a coñecer as pautas para resolver esta e outras problemáticas coas que, de seguro, atopámonos tod@s como nais, pais ou profes.

lunes, 20 de enero de 2014

Escola de pais: Charla coloquio sobre acoso escolar

Retomamos as charlas da escola de pais. Animadevos a asistir, merece a pena.