domingo, 17 de marzo de 2013

Charla PNL no aula

Nesta nova cita na Escola de Pais, contamos coa colaboración de Montse e Julia, dúas terapeutas do centro de terapias manuais Clínica Natura, que basan as súas intervencións na Programación Neurolingüística (PNL). O obxectivo da súa ponencia foi dar a coñecer as características principais da intervención coa PNL e a súa aplicación, xa sexa como educadores no aula ou como nais e pais na casa.
 
A través dun conxunto de estratexias podemos detectar as dificultades que presentan os nosos alumnos e fillos no seu proceso de aprendizaxe e no seu desenvolvemento no entorno. Elas traballan cunha serie de ferramentas a nivel terapéutico, lingüístico e de observación coas que facilitan ó neno a identificación da dificultade quje presenta e a súa solución.
É tan sinxelo como que tanto pais como educadores deberiamos prestar máis atención ó uso da linguaxe ou a expresión corporal que empregamos para relacionarnos cos nosos nenos.
 
A través da súa exposición, os alí asistentes descubrimos outros puntos de vista á hora de xuzgar ós nosos alumnos ou fillos e os seus comportamentos, así como a plantexarnos a desterrar expresións tópicas do estilo de: "este neno non atende", "o meu fillo non para quieto", "non aproba os exames e non para de estudiar",...

A fin de contas, mereceu a pena..., e moito, afondar neste enfoque que o PNL propón e nos seus beneficios á hora de poñelo en práctica cun simple xesto, un actitude diferente á hora de comunicarnos ou coa proposta de exercicios sinxelos nas aulas cos que modificar a actitude dos alumnos e captar a súa atención.

 

Mil gracias á Montse e Julia pola súa inestimable colaboración. Ogallá poidamos seguir contando con elas....como pais e nais e como educadores que somos.

 

 


lunes, 11 de marzo de 2013

ESCOLA DE PAIS

Estimadas-os nais, pais, mestras-es:
Continuando co proxecto que xa comezamos no curso pasado da ESCOLA DE NAIS E PAIS,temos programada a seguinte charla-coloquio.

“PNL NO AULA”
- FAVORECER O PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE.
- MANTER RELACIÓNS POSITIVAS ALUMNOS-PAIS EDUCADORES.

VENRES, 15 DE MARZO ÁS 18.30H NA AULA DE AUDIOVISUAIS
DO COLEXIO.
Pregámosvos que imprimades e entreguedes en secretaría ou no ANPA o xustificante de asistencia para una mellor organización.
A asistencia o coloquio e totalmente gratuíta, e pode asistir calquer persoa que lle interese, sea ou non socia do ANPA. As charlas da escola de pais son moi interesantes, animádevos a vir a comprobalo.


Eu, …………………………………………………………………...nai, pai ou mestra-e asistirei á charla-coloquio do “PNL NO AULA” o vindeiro VENRES 15 de MARZO ás 18:30 horas na aula de audiovisuais do centro.
Fdo:……………………………..

miércoles, 6 de marzo de 2013

II Marcha ciclista ruta da Auga



Os amigos da Asociación de vecinos San Xoan Poulo, envíanos esta información para que a poñamos no voso coñecemento.
Eles sempre están dispostos a votarnos una man cando llo solicitamos; a celebración do magosto, incluso no la deixaron facer nas suas instalacións debido a choiva, así que o mínimo que podemos facer e colaborar con eles dentro das nosas posibilidades.
Gracias amig@s.
Agora ahí vos queda a información da II Marcha ciclista ruta da Auga, animádevos a participar. Non hay data límite de inscripción, pero mellor se pode ser antes do día da marcha, para facilitar a organización da mesma. A actividade é totalmente gratuita e repartirase auga e froita a tódolos participantes.

 

lunes, 4 de marzo de 2013

Visita dos Reis Magos


O prometido e débeda, ainda que con un pouco de atraso, poñémosvos unnha imaxe da visita que fixeron as suas maxestades os Reis Magos os cativos do Bouza Brey; aseguramosvos que tanto os reis coma as suas axudantas e por suposto os nenos disfrutaron moito ca visita.

 
Agradecer os pais e nais que fixeron posible a visita das suas maxestades.
Recodamosvos que estan xa dispoñibles as fotos que encargastes dos vosos fillos cos reis, non vos esquezades de pasar a recollelas polo local do anpa, os luns de 16:00 a 18:00.