martes, 26 de febrero de 2013

Xornada de portas abertas

O vindeiro xoves 28 de febreiro, o colexio convoca una xornada de portas abertas as 20:00 horas para que os pais interesados en matricular os seus fillos no centro poidan coñecer as instalacións.
Por parte do ANPA estarán presentes dous representantes da xunta directiva para poder informarvos das actividades que desenrolamos e pornos a vosa disposición para todo o que precisedes.
Esperámosvos.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Gañadores dos premios da festa do entroido

Aquí traemos imaxes dos gañadores dos distintos premios da festa do entroido organizada polo anpa.
Temos que recoñecer que o xurado, o tivo moi complicado, porque tódolos pequenos o merecían, e os postres traídos polos maiores tamén, pero como non había premios para todos, estes son os seleccionados polo xurado.
Na categoría de infantil, un precioso racimo de uvas chamado Gabriel, de 5 anos.
 Polo primeiro ciclo de primaria, a gañadora foi Tatiana de 1º de primaria que era una fermosa carapuchiña vermella.
Polo segundo ciclo de primaria, a vencedora resultou Iria, de 4º de primaria, una simpatica matrona dunha plantación de azucre do Missisipi que na imaxe aparece acompañada da sua irmá Carla.
Na cata de postres temos que decir que foi cando o noso xurado mais disfrutou, e non nos extraña, porque había propostas para todolos gustos. Pero o final elexiron duas variedades de frores (anis e licor) e que hay que recoñecer que estaban boisimas.
O gañador foi Joel, de 5º de primaria, ainda que non sabemos se será o que tivo a sorte de desfrutar do bono de masaxe. Este é o gañador que iba guapísimo caracterizado como unha das persoaxes de “Alicia no país das maravillas".
Nunhos días poremos máis fotos da festa….

viernes, 15 de febrero de 2013

Podedes recoller as fotos cos Reis Magos

Xa están á vosa disposición as fotos cos Reis Magos que encargáchedes. Podedes pasar a recollelas no horario do ANPA (Lúns de 16:00 a 18:00 horas).
Gracias pola vosa colaboración.
Para calquera dúbida ou suxestión estamos como sempre á vosa disposición.
Un saúdo.
A Xunta Directiva do ANPA.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Preparativos da festa do entroido


O pasado venres poidemos disfrutar cos nosos fillos da festa do entroido. Detrás desta festa houbo un traballo de organización de pais e nais no que tamén colaboraron algúns dos nenos.
 Poñovos unhas imaxes da tarde de preparación dos adornos e decoración do ximnasio.
 

 

 
 
 
Tamén queremos agradecer a participación de todolos pais e nais que trouxestes os vosos nenos a disfrutar da festa, de moitos de vos que viñestes disfrazados e de todos os que participastes cos riquisimos postres no concurso.

En breve subiremos fotos divertidas da festa....


Gracias a tod@s.

viernes, 8 de febrero de 2013

Traballos do Obradoiro de manualidades

Aquí van unhas fotiños dos traballos que levan feito os pequenos artistas no obradoiro de manualidades posto en marcha este ano polo anpa.
Esperamos que vos gusten e que para o próximo curso se animen moitos mais nenos a participar.


 1.- Mascaras de Samain
 
 2.- Traballo de outono
 
 3.- Moviles mariños
4.- Macetas con frores
5.- Caixas personalizadas
6.- Figuras de Bob Esponxa
7.- Postais navideñas
8.- Adornos navideños
 
Espero que vos guste esta pequeña mostra dos seus traballos.

martes, 5 de febrero de 2013

Premios da festa de entroido

Como xa sabedes este venres temos a festa de entroido do anpa no ximnasio do colexio de 17:00 a 20:00.
Haberá concurso de disfraces por etapas no que os mellores disfraces poden gañar estos premios:
 
Tamén haberá concurso de postres para os páis, os que queirades participar podedes anotarvos a través dun comentario neste blog, a traves do correo eléctrónico do anpa ( anpacolexiobouzabrey@gmail.com ) ou comunicandollo persoalmente a calquera dos representantes do anpa.
Animadevos,  a participar o premio merece a pena:




viernes, 1 de febrero de 2013

Actividades do ANPA


Como xa sabedes este curso puxemos en funcionamento varias actividades para os nen@s a través do anpa:
-         Natacion en MQA Barreiro os mercores.
-         Obradoiro de manualidades os mercores na aula de plastica do colexio.

As cuotas destas actividades son máis económicas para socios e familias numerosas.
No vindeiro curso ampliaremos a oferta con outras actividades. Podedes facernos chegar as vosas suxestions ou preferencias por algunha actividade concreta tanto no horario de atención do anpa (luns de 16:00 a 18:00) como a través do noso correo electrónico (anpacolexiobouzabrey@gmail.com).
Saudos.

Ah… en breve publicaremos una entrada con imaxes dos traballos que están levando a cabo os nosos pequenos artistas no obradoiro de manualidades.