miércoles, 20 de febrero de 2013

Gañadores dos premios da festa do entroido

Aquí traemos imaxes dos gañadores dos distintos premios da festa do entroido organizada polo anpa.
Temos que recoñecer que o xurado, o tivo moi complicado, porque tódolos pequenos o merecían, e os postres traídos polos maiores tamén, pero como non había premios para todos, estes son os seleccionados polo xurado.
Na categoría de infantil, un precioso racimo de uvas chamado Gabriel, de 5 anos.
 Polo primeiro ciclo de primaria, a gañadora foi Tatiana de 1º de primaria que era una fermosa carapuchiña vermella.
Polo segundo ciclo de primaria, a vencedora resultou Iria, de 4º de primaria, una simpatica matrona dunha plantación de azucre do Missisipi que na imaxe aparece acompañada da sua irmá Carla.
Na cata de postres temos que decir que foi cando o noso xurado mais disfrutou, e non nos extraña, porque había propostas para todolos gustos. Pero o final elexiron duas variedades de frores (anis e licor) e que hay que recoñecer que estaban boisimas.
O gañador foi Joel, de 5º de primaria, ainda que non sabemos se será o que tivo a sorte de desfrutar do bono de masaxe. Este é o gañador que iba guapísimo caracterizado como unha das persoaxes de “Alicia no país das maravillas".
Nunhos días poremos máis fotos da festa….

No hay comentarios:

Publicar un comentario