domingo, 17 de marzo de 2013

Charla PNL no aula

Nesta nova cita na Escola de Pais, contamos coa colaboración de Montse e Julia, dúas terapeutas do centro de terapias manuais Clínica Natura, que basan as súas intervencións na Programación Neurolingüística (PNL). O obxectivo da súa ponencia foi dar a coñecer as características principais da intervención coa PNL e a súa aplicación, xa sexa como educadores no aula ou como nais e pais na casa.
 
A través dun conxunto de estratexias podemos detectar as dificultades que presentan os nosos alumnos e fillos no seu proceso de aprendizaxe e no seu desenvolvemento no entorno. Elas traballan cunha serie de ferramentas a nivel terapéutico, lingüístico e de observación coas que facilitan ó neno a identificación da dificultade quje presenta e a súa solución.
É tan sinxelo como que tanto pais como educadores deberiamos prestar máis atención ó uso da linguaxe ou a expresión corporal que empregamos para relacionarnos cos nosos nenos.
 
A través da súa exposición, os alí asistentes descubrimos outros puntos de vista á hora de xuzgar ós nosos alumnos ou fillos e os seus comportamentos, así como a plantexarnos a desterrar expresións tópicas do estilo de: "este neno non atende", "o meu fillo non para quieto", "non aproba os exames e non para de estudiar",...

A fin de contas, mereceu a pena..., e moito, afondar neste enfoque que o PNL propón e nos seus beneficios á hora de poñelo en práctica cun simple xesto, un actitude diferente á hora de comunicarnos ou coa proposta de exercicios sinxelos nas aulas cos que modificar a actitude dos alumnos e captar a súa atención.

 

Mil gracias á Montse e Julia pola súa inestimable colaboración. Ogallá poidamos seguir contando con elas....como pais e nais e como educadores que somos.

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario