O
actual ANPA do colexio Bouza Brey, foi posto en marcha o pasado curso 2011-2012
xa que o noso colexio non contaba con esta asociación dende hai alguns anos.
Dentro do traballo que se leva desenrolando desde entón, foron varias as
iniciativas que se puxeron en marcha:
- Escola de país e nais: Distintos talleres e
charlas que se imparten por persoal experto na materia sobre temas variados e
interesantes en relación a nosa labor como país e nais.
Por exemplo: Primeiros auxilios na infancia, PNL
no aula, Hiperactividade e déficit de atención, etc…
- Actividades lúdicas: Neste apartado
organizaronse diversas festas para que os nenos e os pais disfrutemos xuntos:
E coma sempre, estamos a vosa disposición para recoller máis ideas sobre posibles iniciativas que consideredes interesantes.
- Banco de uniformes: O anpa recolle
uniformes usados en bo estado de conservación, e quen os necesite pode coller
pezas soltas a un prezo simbólico.
- Banco de libros: O anpa recolle libros
de texto dende 3º de primaria en adiante, e quen os necesite pode canxear os
seus polos do curso que necesite (empezara a funcionar para o vindeiro curso).
- Actividades
extraescolares: Neste
curso ofertaronse distintas actividades extraescolares dende o ANPA, das cales
só tiveron a suficiente demanda para impartirse os talleres de manualidades e
as clases de natación a través do Máis que auga de Barreiro. Para o vindeiro
curso intentarase ampliar a oferta, e agradecense suxerencias sobre actividades
que vos resultarían interesantes.
Festa de Nadal No Verbum en
colaboración coa federación de peñas do Real Club Celta de Vigo.
Magosto Con degustación de
castañas asadas e coa colaboración da AAVV San Xoan Poulo.
Festa do entroido Con concurso de
disfraces e doces típicos do entroido.
Festa de fin de curso.
Excursión en barco pola zona do Grove.
- Seguridade vial: Remitironse varios escritos o concello para
mellorar a seguridade na zona e plantexouse a posibilidade de habilitar una zona
de aparcamento nun terreo cercano propiedade do concello. Seguimos insistindo
neste apartado, pero ainda non obtivemos resposta.
Así
mesmo plantexáronselle o colexio varias opción para mellorar a seguridade na
entrada e salida dos nenos, a elexida polo centro e que se comprometeron
acometer en breve, foi a de pintar a zona de parking cun paso para peóns.
Hay
outras iniciativas que se están tentando por en marcha e sobre as que vos
ofreceremos máis informacion esta mesma semana.
E coma sempre, estamos a vosa disposición para recoller máis ideas sobre posibles iniciativas que consideredes interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario