Dentro do servicio que ofrecemos de atención a nais e pais, estamos na obriga de levar a cabo as demandas que se fan. A maioría das vosas suxestións, van encamiñadas a mellorar a entrada de infantil e o parque exterior de xogos. Sodes moitos os que nos fixechedes chegar as vosas suxerencias para cubrir a entrada e ter ós peques o resgardo en días de choiva ou vento ou acondicionar con materiais homologados a zona exterior de xogo. En atención a estas demandas propoñemos ó cole a iniciativa de recaudar fondos a través da venta de rifas, da cantina ou das festas programadas durante o curso.
Nunha reunión mantida onte 4 de abril con parte do equipo directivo e do consello rector do centro, dásenos a coñecer a postura definitiva da cooperativa: permítesenos levar a cabo a iniciativa da venta de rifas para recaudar fondos para o acondicionamento da entrada e zona de xogos de infantil que será financiado polo ANPA.
De todos os xeitos, quedamos pendentes de confirmar unha reunión de todos os pais do centro para dar a información máis detallada, amosar o proxecto que o ANPA vai poñer en marcha e pedir a colaboración de todos na realización do mesmo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario