lunes, 23 de septiembre de 2013

Circular Informativa

Un curso máis arrancamos na nosa andadura coa mesma ilusión e as mesmas enerxías e coma sempre contando coa vosa colaboración e iniciativa.

Poñémonos en contacto con tod@s vós para mantervos informad@s dunha serie de datas importantes:

- Convocatoria de Asemblea Xeral de Soci@s do ANPA: Lúns 30 de Setembro ás 20:00h na aula de audiovisuais do centro. A orde do día estará exposta no noso taboeiro. A asistencia é de vital importancia.

- Aberto o Prazo de Renovación de Soci@s: dende o Martes 1 de Outubro podedes facer efectiva a vosa renovación como soci@s do ANPA. Lembrade traer convosco o carné de socio para actualizalo.

- Renovación de Xunta Directiva do ANPA: ó longo do mes de outubro procederase á convocatoria de eleccións. Estaredes informados con exactitude de todo o procedemento.


IMPORTANTE: TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE AÍNDA NON SEXADES SOCIAS DO ANPA, NON DUBIDEDES EN POÑERVOS EN CONTACTO CON NÓS, XA SEXA NO HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS E PAIS, NO GMAIL OU NO BLOG*. ESTAREMOS ENCANTAD@S DE RECIVIRVOS E INFORMARVOS DA NOSA LABOR E DOS NOSOS OBXECTIVOS. LEMBRADE QUE SEN TOD@S, ISTO NON MARCHA.

HORARIO ATENCIÓN DE ANPA: LÚNS DE 16:00H A 18:00H NO COMEDOR DO CENTRO

GMAIL: anpacolexiobouzabrey@gmail.com
BLOG: bouzabreyanpa.blogspot.com
TELÉFONO: será facilitado en breve.

No hay comentarios:

Publicar un comentario