Mostrando entradas con la etiqueta saude. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saude. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de mayo de 2013

Charla do Dr Sanchez Lastres


O pasado xoves, tivemos o pracer de contar ca presencia do Dr. J. Manuel Sanchez Lastres, pediatra do centro de saude de Chapela, e presidente da Sociedade Galega de Pediatría, dentro do ciclo de charlas que se organizaron na escola de páis. Desafortunadamente a asistencia foi moi baixa, por mais que a charla resultou do mais interesante.

Os país presentes podemos plantexar todo tipo de dubidas respecto a saude dos nosos fillos. Entre outros temas falouse de pubertade, problemas de crecemento, intolerancias e alerxias alimentarias,….

Dende o ANPA agradecer o Dr. Sanchez Lastres o tempo que nos adicou (máis de duas horas) e a sua disposición e amabilidade frente todo o que lle plantexamos.
Animamosvos a acudir a escola de páis, ou a suxerir temas que vos poidan resultar interesantes a tratar neste marco; coma sempre traballamos a prol dos nosos fillos.

miércoles, 15 de mayo de 2013

ESCOLA DE PAIS: Charla coloquio Dr. Juan M. Sánchez Lastres

O vindeiro 23 de maio, xoves, as 19:00 na aula de audiovisuais do colexio, temos o pracer de contar de novo co Dr. Juan Manuel Sánchez Lastres para unha charla coloquio na escola de páis.
O debate aberto plantexase sobre os seguintes puntos:
- Resolver dúbidas sobre a nutrición ou procesos víricos comúns en cada etapa.
- Manter un debate aberto en torno ás principais preocupacións no desenvolvemento integral dos nosos fillos.

O Dr. Sanchez Lastres e Pediatra no centro de saude de Teis, e e o presidente da Sociedade Galega de pediatría, participa en moitos simposiums e ponencias e por se esto fora pouco, e una persoa moi cercana e agradable.
Animamosvos a participar, o ano pasado xa nos veu dar outra charla, e aseguramosvos que merece a pena, falounos de temas xerais relacionados coa saude na infancia, e tamén de todos os casos particulares que lle plantexamos.

PREGÁMOSVOS IMPRIMADES E ENTREGUEDES EN
SECRETARÍA OU NO ANPA O XUSTIFICANTE DE ASISTENCIA PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN.


Eu, …………………………………………………………………...nai,
pai ou mestra-e asistirei á charla-coloquio do “Mesa-debate: Dr. Lastres”
o vindeiro XOVES 23 de MAIO ás 19:00 horas na aula de audiovisuais
do centro.

Fdo:……………………………..