martes, 29 de enero de 2013

ENTROIDO


Estimad@s nais e pais: vos informamos que o vindeiro Venres 8 de Febreiro temos organizada a Festa do Entroido no colexio de 17:00h a 20:00h. Tod@s estades convidad@s a pasar una xornada divertida cos vosos peques.

Programación: - Concurso de disfraces para nen@s: teremos un gañador por ciclo que recibirá un agasallo.
- Concurso de doces típicos de Entroido para os maiores: podedes participar coas vosas receitas de filloas, orellas, rosquillas, frores,… e teredes a oportunidade de gañar un exclusivo bono-masaxe.
- Merendola para nen@s e chocolate ou café quente para as familias.

Importante : as familias socias do ANPA terán que presentar o carné de socio na entrada. As familias non socias terán que abonar o importe de 3€ por unidade familiar.
Agardamos a vosa participación. Para calquera dúbida ou suxestión estamos como sempre á vosa disposición.Un saúdo.

A Xunta Directiva do ANPA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario