jueves, 31 de enero de 2013

Fotografías cos Reis Magos


Estimad@s nais e pais:

Temos no ANPA á disposición de todos vós as fotografías das-os vosas-os fillas-os sacadas na visita que os Reis Magos fixeron ó centro. Se queredes ter un recordo de ese día tan especial, podedes vir no horario de ANPA a facer o voso encargo.

O prazo máximo para facer o voso encargo é o vindeiro lúns 4 de Febreiro, e o importe de cada fotografía deseñada (15x20) é de 2€ para soci@s e 3€ para non soci@s. Aqueles que fagades o encargo de máis de dúas fotos, teredes rebaixado o importe en 0,50€.

Para calquera dúbida ou suxestión estamos como sempre á vosa disposición.


Un saúdo. A Xunta Directiva do ANPA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario