jueves, 27 de junio de 2013

Recordatorio servicio de prestamo de libros

Hola a tod@s:

Os nenos xa están de vacacións, pero a nosa actividade non cesa, queremos animarvos a levar os libros que xa nos usaran os nenos o próximo curso o local do anpa, para que así os poidan aproveitar outros nenos, co aforro que eso supón e que tan ben nos ven a tod@s nesta época.

Ainda que este ano vos non poidades recoller libros do voso curso, porque cambian, pensade que outro ano seredes vos os que poidades aproveitar esta oportunidade.

SE TEDES LIBROS DE TEXTO OU DE LECTURA DOS SEGUINTES CURSOS, PODEDES ACHEGALOS Ó ANPA, SEMPRE QUE ESTEAN EN BÓ ESTADO.
3º ED. PRIMARIA
4º ED. PRIMARIA
1º E.S.O.
2º E.S.O.
3º E.S.O.
4º E.S.O.


Informámosvos de que estaremos á vosa disposición no horario de 11:00 a 12:30, nas seguintes datas:
XUÑO
MARTES 25
XOVES 27



XULLO
LÚNS 01
XOVES 04



SETEMBRO
LÚNS 02
LÚNS 09

En caso de non poder pasar neste horario, sempre os podedes deixar no colexio, indicando que os entreguen no anpa, ou porvos en contacto con calquera dos representantes do anpa, ou a traves do correo electrónico e tamén deste blog, e seguro que podemos buscar unha opción para recoller os libros usados.

Saudos a todos e a disfrutar do verán....

No hay comentarios:

Publicar un comentario