jueves, 13 de junio de 2013

Ruta de Sendeirismo

Benqueridas familias:
Desde o ANPA achegámosvos a seguinte proposta desexando que sexa do voso interese.
O vindeiro 29 de Xuño temos programada a Ruta de Sendeirismo do Río Eifonso na que pretendemos disfrutar cos nosos peques dunha xornada en contacto coa natureza.
Cada familia achegarase pola súa conta o Sábado 29 de Xuño ás 10:00 horas ó Centro Cultural de Bembrive para comezar ás 10:30 a nosa ruta. Lembrade vir con roupa e calzado axeitado, gorras e protección solar e coa comida e bebida cada quen na súa mochila para pasar o día.

Programación da Ruta:
10:30h:       Aparcadoiro de vehículos e comezo da ruta.
12:00h:       Chegada aproximada á Aldea Da Fraga: xantar e esparcemento.
18:00h:       Recorrido de volta.

Todas as familias estades convidadas a participar, sexades ou non socias.

IMPORTANTE: para unha mellor organización da saída, agradecémosvos que confirmedes a vosa asistencia, xa sexa por medio do mail ou do blog do ANPA, no horario de atención a nais e pais (lúns de 16:00h a 18:00h) ou persoalmente a calquera dos representantes da xunta.

Para calquera dúbida ou suxestión estamos como sempre á vosa disposición.

Poñemosvos un pouco en antecedentes sobre o que nos imos encontrar nesta ruta, aseguramosvos que merece a pena:

O río Eifonso, afluente do río Lagares,  nace no Monte das Lagoas, a 450 m. As suas primeiras augas emerxen moi cerquiña do Campus Universitario de Vigo.  Abrese camiño entre o val e pasa os pes da Capela de San Cibrao (a orixe da capela, remontase anos atrás, perdéndose na Idade Media, habendo constancia escrita en documentos dos anos 1528 e 1529).

A ruta do rio Eifonso e de unhos 3 o 4 kilómetros a partir do lugar de Mourelle ata a Fraga, ruinas dun poboado medieval situadas na parte alta do camiño. Varios muiños de agua como o de Sorego ou o de Pedrosa. O  lugar máis espectacular de toda a ruta atopase na Fervenza da Bouza Fría, un salto de auga de casi 4 metros de altura, rodeado dunha exhuberante vexetación xa que o percorrido atravesa por un bosque atlántico, con toda clase de arboeres autoctonas, moitos castiñeiros, carballos, e variedades de fentos.

Comenzaremos o percorrido no cruce do rio e a carretera de Bembrive, concretamente en Mourelle.  A ruta está completamente sinalizada e conta con información  sobre a flora e a fauna do lugar.

A andaina levanos a pasar por pontes de pedra, muiños e cascadas, e condúcenos ata os pes da capela de San Cibrao onde se celebra tódolos anos donde os a Romería dos Ramallos o terceiro domingo de septembro. Máis adiante chegaremos os restos de la misteriosa Aldea da Fraga, onde finalizaremos o percorrido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario